jueves, 17 de junio de 2021

TAMÉN LEMOS NO VERÁN

 

Chega o momento de tomarse un merecido descanso, de desconectar dos dispositivos electrónicos e de coller un bo libro.Visitade a biblioteca pública da zona onde vos atopedes e mergulládevos nas fantásticas historias que neles habitan.

Pasade un bo verán! Apertas para todos e todas.














jueves, 23 de abril de 2020

XOVES 23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO




É un momento no que todas as escolas do mundo están pechadas e debemos permanecer nas nosas casas. De seguro que todos facedes un montón de actividades diarias na casa  para combater o illamento do mellor xeito posible; pero non vos esquezades da lectura! Pois  como dixo Miguel de Cervantes de Saavedra 
“ Un niño que lee será un adulto que piensa”.

E para conmemorar o día do libro deste ano, dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos, os mestres e mestras do CPI Julia Becerra Malvar queren compartir convosco algunha das súas lecturas favoritas.
Desexando que vos gusten, enviámosvos unha aperta moi grande.



A profe Belén - Fiz o coleccionista de medos






A profe Laura - cun poema-canción  Paxariña de papel


A profe Iria - cun poema de Manuel María: O arco da vella


A profe Nair - Cun fragmento do seu conto favorito: El principito



A profe Rebeca -  La búha y el búho




A profe Bárbara- Cun pequeno fragmento de Mortiña, un curmán repugnante



A profe Raquel- Avós







sábado, 14 de diciembre de 2019

Agasallos para este Nadal


Xa próximos a finalizar o ano traémosvos unha selección de contos 📚📚, por si Papá Noel 🎅 ou os Reis Magos 👑 precisan axuda para elixir.

FELICES FESTAS A TODOS!











martes, 29 de octubre de 2019

Lecturas a escuras

Un curso máis, coa chegada do outono, celebramos o Samaín.

O equipo da biblioteca púxose mans á obra para converter a biblioteca  nun lugar terrorífico  e ao mesmo tempo "acolledor" onde "descansar" e "desfrutar" de arrepiantes historias.

Seredes capaces de atoparvos nestas terroríficas fotos?























martes, 18 de junio de 2019

UN REMATE DE CURSO CUN MARTES DE MOITA ARTE!

Preséntovos  a Manuela e Lía Vilas de 2º A. Deixáronnos abraiadas esta mañá danzando  "Song of the bells" de Leroy Anderson.









martes, 21 de mayo de 2019

UN MARTES DE ARTE CON MAXIA NA BIBLIO DE PITICÁN

O protagonista deste martes foi Sergio Bascoy que deixou abraiado aos seus compañeiros e compañeiras cun espectáculo de maxia.