martes, 20 de diciembre de 2016

Lector do mes de novembro.



Miguel,  da clase de 1º B, é o lector do mes de novembro

Parabéns!


Piticán:- Como te sentiches ao saber que eras o lector do mes? 
Miguel:- Xenial.

Piticán:- Sabes cantos libros liches?
Miguel:- Pois non o sei, pero creo que uns 20...

Piticán:- A túa familia le tanto coma ti?
Miguel:- Sí, sobre todo a miña irmá Andrea.

Piticán:- Visitas a miúdo a biblioteca?
Miguel:- Sí, vou moitas veces.

Piticán:- Que cousas fas cando vés á biblioteca?
Miguel:- Collo películas e libros.

Piticán:- Cal foi o último libro que liches?
Miguel:-  Un de dálmatas, pero non lembro o título.

Piticán:- E dos que liches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Miguel:- Un de dinosauros.

Piticán:- En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Miguel:- Miro as páxinas que ten.

Piticán:- Hai algún libro/documento que che gustase que tivésemos na biblio e que non haxa?
Miguel:-  Contos de policías.

Piticán:- En que momento do día les?
Miguel:- Pola tarde, polo día, despois de comer... (parece ser que a Miguel gústalle moito ler, pois le a todas horas).

Piticán:- Cres que é importante ler?
Miguel:- Sí porque aprendes cousas novas.

Piticán:- Que lle dirías aos que pasan de ler?
Miguel:- Que se animen a ir a biblioteca, se vas aprendes moitas cousas. 

Piticán:- Ocorréseche algunha idea para facer que veñan máis a biblio?
Miguel:-  Sí, que haxa máis  xogos.Así, seguro que veñen máis.

Piticán:- Coñeces o blog da biblio?
Miguel :- Non.

Piticán: Non? pois  vamos anotar a dirección nun papeliño.

lunes, 19 de diciembre de 2016

Contacontos para os máis pequenos do cole.


O pasado xoves, os nenos e nenas de infantil, agás o grupo de 5 anos A, pasaron unha tenra xornada ao carón de Chema Heras.









 






 “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis” e “Gato Guille” foron, entre outros, os protagonistas desta xornada.

sábado, 17 de diciembre de 2016

Contacontos na biblioteca.







Aproxímanse datas sinaladas, cheas de maxia e de bos momentos cos que máis queremos.

 Na biblio de Piticán non podería ser menos...e os primeiros en vivir este momento foron os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria. O martes 13 viviron unha doce xornada  na biblioteca ao carón do noso particular contacontos, Chema Heras.







 Polas súas caras non hai dúbida do momento máxico que viviron. 
Pero non foron os únicos...axiña vos mostraremos os demais grupos que pasaron pola biblio.

Obradoiros na biblio de Piticán.



Quen dixo que ir a biblioteca no tempo de lecer era aburrido? Os nenos e nenas do CPI Julia Becerra Malvar, de seguro, non opinan o mesmo. E é que, dende finais do mes de novembro,  lévanse a cabo obradoiros todas as tardes dos luns.

As directoras? Cinco nais do centro.

Os seus axudantes? Dous nenos de 6º de Primaria.






Estas son algunhas das fotos dos diferentes talleres do mes de novembro e decembro.Neles, non faltaron as actividades artísticas!
Dende o equipo da biblioteca escolar estamos moi satisfeitos desta colaboración coa ANPA, que fai que os nenos e nenas veñan á biblioteca polas tardes.
A volta das vacacións,  as directoras e os seus axundantes chegarán con moitas máis novidades.  Seguiranos sorprendendo como o fixeron ata o momento? De seguro que si!

Agardámosvos na biblio de Piticán con moitas máis sorpresas!