martes, 2 de mayo de 2017

OS SUPERLECTORES DO MES DE MARZO




CLARA MONTOYA 4º EDUCACIÓN INFANTIL
 
Entre os máis cativos foi premiada como gran lectora Clara Montoya de 4º de Educación Infantil. Clara define a biblioteca como un espazo para ver contos. O seu conto preferido é: “ Os tres porquiños” e encántalle que a profe Montse e  a súa mamá lle conten contos.
 



NAYRA BAÑOS PAZ. 1º B

Durante a entrevista que lle fixemos na biblioteca Nayra confesounos que estaba un pouquiño nerviosa, pero que estaba ben. Contounos que lle encanta vir a biblio porque podes ler contos, xogar... De feito vai a biblio case todos os días, agás que faga moita calor.  Entre os seus contos favoritos, citou: La bella y la Bestia porque Bella é unha das súas princesas favoritas .
Nayra elixe ler ao terminar de facer os deberes ou polas noites sempre é cando non sexa moi tarde.
Moitas gracias polo teu tempo, Nayra!

 



BRAIS PADÍN COIRA. 3º B

Brais acudiu a biblioteca alegre e cheo de emoción. Estaba moi sorprendido porque 3º B segue destacando en canto ao número de bos e boas lectoras.
Brais dedícalle, para ser exactos, 35 minutos  e sempre despois do xantar. Pola tarde non ten tanto tempo porque vai a moitas actividades e polas noites co canso que está precisa cargar as pilas para vir con enerxía ao colexio.
Á hora de escoller contos fíxase na portada; pero ten en conta que os contos sexan de aventuras ou de misterio, pois eses son os que máis lle gustan.

Moitas gracias Brais!         


IRIA GAGO LORENZO. 6º B


E por último, entre os maiores temos a Iria de 6º. Iria xa non quixo nin sentarse durante a entrevista, movíase dun lado para outro. Sería a emoción?
Ao preguntarlle se esperaba saír nomeada coma unha gran superlectora, respondeu que non o imaxinaba, que fora unha gran sorpresa e estaba feliz.
Ao longo da entrevista estivemos falando de varios temas relacionadas coa lectura, hábitos, gustos... e que podemos resumir da seguinte maneira:
A Iria encántanlle todo tipo de contos, pero especialmente os de aventuras, as historias de amor e as de terror. Para decantarse por un, o primeiro que mira é o título e  logo o contido.
Entre os seus libros favoritos quixo destacar “ El eslabón de Cristal” e anímavos a todos a que fagades máis uso da biblioteca e vos embarquedes nas historias que ledes, pois Iria asegura que é unha das mellores maneiras de encontrar o gusto na lectura.

Moitas gracias Iria!

      

OS SUPERLECTORES DO MES DE FEBREIRO

  


LIDIA 5º EDUCACIÓN INFANTIL 

Entre os máis cativos foi premiada como gran lectora Lidia de 5º de Educación Infantil. Durante a súa entrevista explicounos que a biblioteca era un lugar para ler e que nas mesas apoian as súas carpetas. O seu conto favorito é:  “A ratiña presumida”.
A Lidia encántalle que a súa mamá e o seu papá lle conten contos.
Lidia é unha namorada dos contos! Oxalá nunca perdas a túa paixón pola lectura. 
Moitas gracias Lidia!
 

MARÍA JORGE GARCÍA. 2º C

Durante a entrevista que lle fixemos na biblioteca, María contounos que non esperaba a noticia. De feito, temos que recoñecer que quedou abraiada e incluso asustadiza ao non saber que ía pasar tras recibir a noticia.
María fíxase, á hora de escoller os contos, en  que haxa animais como protagonistas e tamén indica que lle gustan moito os contos de aventuras.
Ela sempre le cando está no seu cuarto, concretamente na cama  porque  é o lugar que lle resulta máis cómodo.
Antes de marchar dixo que vos animarades a vir a biblio porque era moi divertido.

Moitas gracias, María!


RODRIGO RODIÑO NÚÑEZ. 3º B

Rodrigo irradiaba felicidade! Tanta... que contaxiou a súa felicidade a entrevistadora.  De camiño a biblioteca contounos que o ano pasado non lograra ser un dos superlectores por un posto. Pero xa ves Rodrigo, as veces...a recompensa chega cando menos o esperas.
Xa máis tranquilos e  sentados nunha das cadeiras da biblioteca confesoume que nun primeiro momento levara un susto; pero que agora alí sentados sentíase ledo. Rodrigo le media hora todos os días e ao igual que a nosa compañeira María de 2º C, le no seu cuarto; pero tamén indicou que lle encanta ler cando vai no coche coa súa familia, especialmente si son traxectos longos. Confesa que se fan tan longas as viaxes que non dúbida en levares un libro para entreterse.
Á hora de elixir contos, Rodrigo, fíxase na portada; pero tamén vota un ollo ao interior para ver de que vai e saber se lle pode gustar.
Ademais de ler, tamén quixo mencionar que lle encanta tocar o piano e patinar...polo que xa vedes, compañeiros e compañeiras, se queredes podedes sacar tempo para todo!

Moitas gracias, Rodrigo!



CRISTIAN FALCÓN PENÍN. 6º B

Cristián estaba a piques de  rematar un exame de música cando recibiu a noticia, polo que non tivo tempo a reaccionar. Unha vez rematado o mesmo e máis tranquilos, contounos que a hora de escoller libros fíxase no título e nos debuxos. Encántanlle os libros de aventuras e quixo destacar como un dos seus libros favoritos El diario de Greg. Ao igual que os demais superlectores deste mes, elixe o seu cuarto para ler porque é o lugar da casa onde atopa maior tranquilidade. 
Por último, contounos que lle encanta ler porque descubre lugares novos.

Moitas gracias Cristián polo teu tempo!