Un gran traballo dos alumnos de 3º da ESO e da súa profesora Ana Cruz Castro. Parabéns pola vosa guía turística!!!
RECOLLE O DÍA A DÍA DAS ACTIVIDADES QUE SE ORGANIZAN NA BIBLIOTECA DO C.P.I. JULIA BECERRA MALVAR.
miércoles, 29 de junio de 2016
lunes, 20 de junio de 2016
Un Cadáver Exquisito
Os alumnos de 1º da ESO, xunto co seu profesor Fernando Viscasillas, compuxeron este relato máxico, no que cada alumno soamente coñecía a última palabra escrita por un dos seus compañeiros. Fixeron unha grande labor de composición escrita e, por suposto, plástica. Ademais, publicaron este traballo en forma de libro. Os nosos parabéns!!!
jueves, 9 de junio de 2016
Mesopotamia.
TRABALLO DE MESOPOTAMIA
O traballo está feito por: Raquel González,Adela Vilas e Andrea Rodiño de 6ºB.
Fixemos un traballo sobre Mesopotamia a idea suxeríunola a nosa profe, Loli.
Aprendemos como vivían naqueles tempos, a súa escritura e os seus inventos como , por exemplo, a roda.
O que máis nos sorprendeu foi o seu sistema sexaxesimal.
A información buscámola na internet e en libros.
Tardamos unha fin de semana en facer este traballo.
lunes, 6 de junio de 2016
LEMA DO MES DE XUÑO.
PARABÉNS A MARCOS MEIS CHAVES, DE 1º DE PRIMARIA "B"!!!
O SEU LEMA FOI O ESCOLLIDO NESTE MES DE XUÑO!!!
QUEREDES COÑECER QUE LEMA INVENTOU MARCOS? POIS AÍ VAI:
"NA BIBLIOTECA TAMÉN PODES SOÑAR".
ASÍ POIS, TOD@S A SOÑAR!!!!
viernes, 3 de junio de 2016
LECTOR DO MES DE MAIO.
Miguel, da clase de 5 anos A, é o lector do mes de maio.
Moitos parabéns, Miguel!!!
Piticán: - Como te sentiches ao saber que es o lector do mes?
Miguel: - Sentinme orgulloso porque gústame moito ler.
Miguel: - Sentinme orgulloso porque gústame moito ler.
Piticán: - Sabes que leches 5 libros neste mes?
Miguel: - Ah, non o sabía! Pois, estou contento.
Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Miguel: - Non.Lenme contos para durmir, pero, como quedo pronto durmido, non me entero de como acaban, aínda que xa os sei de memoria.
Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Miguel: - Si. Veño coa profe e os nenos da miña clase.
Miguel: - Si. Veño coa profe e os nenos da miña clase.
Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Miguel: - Collo un conto para levar na mochila.
Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Miguel: - Non me acordo.
Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Miguel: - O de tirar da cadea do baño porque sae unha pranta carnívora.
Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Miguel: - Mírolle as páxinas e os debuxos. Gústame que sexan de medo.
Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Miguel: - Non se me ocorre.
Piticán: - En que momento do día les?
Miguel: - Pola tarde, míroos con papi e mami.
Piticán: - Cres que é importante ler?
Miguel: - Si porque así aprendemos a ler, a escribir e a facer volteretas polo aire. Aprendemos máis cousas como debuxar e sobre os animais.
Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Miguel: - Diríalles que lean para aprender máis.
Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Miguel: - Non se me ocorre.
Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Miguel: - Agora si.
Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Miguel.
miércoles, 11 de mayo de 2016
CONTACONTOS CON POESÍA: MIGALLAS.
HOXE VISITOUNOS UNHA PARTE DO GRUPO "MIGALLAS".
REALIZARON UN CONTACONTOS CON POESÍA...E MÚSICA PORQUE SON DÚAS COUSAS QUE COMBINAN MOI BEN.
ACTUARON PARA OS GRUPOS DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA.
ESTE ALUMNADO ERA UN POUCO PEQUENO PARA OS OBRADOIROS DE POESÍA, QUE FIXO O MESTRE HERMINIO, NO MES DE MARZO, PERO NON PARA A POESÍA!!!
ASÍ QUE, CHEGARON Á BIBLIO DE PITICÁN BEA CAMPOS E DAVID GONZÁLEZ, DE MIGALLAS, PARA FACER DESFRUTAR DOS POEMAS AOS MÁIS PEQUENOS DO COLEXIO, INCLUSO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO!!!
BEA E DAVID ENSINÁRONNOS DIFERENTES CONTOS E ATA LLES PUXERON MÚSICA!!!
NOS CONTACONTOS CON POESÍA, IMPROVISÁRONSE UN PAR DE GRUPOS MUSICAIS CON DAVID GONZÁLEZ: OS RIBADUMIOS OU OS LACÓN CON GRELOS FORON ALGÚNS DOS NOMES QUE ELIXIRON OS VOLUNTARIOS ESCOLLIDOS POR BEA CAMPOS.
E PARA REMATAR, TOD@S A BAILAR... A SAIA DA CAROLINA!!!
BEA E DAVID, MOITAS GRACIAS POR FACERNOS DESFRUTAR A PEQUENOS E MAIORES!!!
SODES XENIAIS!!!
Etiquetas:
CONTACONTOS,
CONTOS,
CURSO 2015-16,
DÍA DA POESÍA
martes, 10 de mayo de 2016
Lectora do mes de abril.
Hajar Mouhine, da aula 6º B, é a lectora do mes de abril.
Os nosos parabéns!!!
Os nosos parabéns!!!
Piticán: - Como te sentiches ao saber que es a lectora do mes?
Hajar: -Emocionada, incrédula, pero, sobre todo, feliz.
Hajar: -Emocionada, incrédula, pero, sobre todo, feliz.
Piticán: - Sabes que leches 8 libros neste mes?
Hajar: -Non o sabía, pero, parécenme poucos porque acostumo a ler máis, aínda que tamén leo libros que non son da biblioteca.
Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Hajar: - Non, porque miña nai non coñece ben o idioma escrito e meu pai está algo enfermo e non lle apetece moito ler.
Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Hajar:
-Si, case todos os días, aínda que, algunhas veces, apetéceme ir coas miñas amigas.
Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Hajar: -Se teño deberes, fágoos, pero se teño tempo, "pillo" algún libro.
Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Hajar: - Foi Diario de Niki 7. Gustoume moito.
Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Hajar: -Dónde esté mi corazón. É un libro moi emotivo, dramático e ten moito léxico. Iso gústame moito porque a min gustame escribir e os libros con moito léxico, enriquécenme para, despois, facer os meus relatos.
Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Hajar: - A portada inflúeme moito porque me dá unha idea do tema que se trata no libro, da súa complexidade, de cantos capítulos ten...
Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Hajar: - Estaría ben que houbese máis libros de fantasía.
Piticán: - En que momento do día les?
Hajar: - Ao rematar os deberes e as tarefas domésticas, encérrome na miña habitación e leo, así que leo, sobre todo, pola tarde.
Piticán: - Cres que é importante ler?
Hajar: - Si, porque ler fai que cultivemos a nosa imaxinación, o léxico, faite máis seguro e fomenta a empatía. Os libros axudan a que vexamos como se senten os personaxes. Se tes empatía, non vas facerlle dano aos demais porque, como di un amigo meu doutro colexio, non lle fagas a ninguén o que non queres que che fagan a ti.
Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Hajar: - Diríalles que se perden moito. Moitas persoas botan de menos ler, por causas físicas, por exemplo, pero quédalles o recordo dos libros que leron antes e que lle causaron impresión. Así que, cando es pequeno, é moi importante ler moito.
Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Hajar: -Poderíase facer un obradoiro, con todo o cole, onde se leran contos, escribisen relatos, se fixese teatro...
Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Hajar: - Non o visito moito, pero, paréceme moi interesante.
Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Hajar.
Tamén foron grandes lectores neste mes:
María Galiñanes
Aarón Arenas
Mateo Vilas
Marco Ares
Santiago González
Leticia Baulo
Mario Rodríguez
Roberto Abal
Moitos parabéns a tod@s!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






