domingo, 12 de febrero de 2017

BOS DÍAS MUNDO


A semana pasada anunciámosvos unha actividade que íamos levar a cabo como motivo do día da Paz.  A continuación mostrámosvos un pequeno vídeo onde poderedes escoitar aos nenos e nenas do CPI Julia Becerra Malvar dando os bos días en diferentes idiomas.


domingo, 29 de enero de 2017

BOS DÍAS MUNDO!


Ao longo desta semana faremos unha viaxe imaxinaria por diferentes países. Nas diferentes paradas que fagamos, coñeceremos a súa situación xeográfica, a súa bandeira; o idioma no que falan os seus habitantes, aprenderemos a dar os bos días nese idioma e os nenos e nenas procedentes destes países aportarán outros aspectos que queiran salientar do seu país.
 De seguro que todos aprendemos un montón de cousas!!
 O venres, de volta a España, atoparémonos no aeroporto cunha persoa xorda. Aprenderemos a dar os bos días na lingua de signos española!

 Estades anhelosos por coñecer os destinos que nos agardan? Velaí os tedes! 



lunes, 23 de enero de 2017

OS SUPERLECTORES DO MES DE DECEMBRO.



O equipo de dinamización da biblioteca ten o gran pracer de presentarvos aos catros grandes superlectores do mes de decembro:

Antía (6º de educación infantil B)
Amanda (1º B)
Luís (3º B)
Iván (6º A)





A semana pasada os superlectores reuníronse na biblioteca e xuntos gozaron dunha actividade conxunta e moi enriquecedora. Iván, sendo o maior de todos eles, foi o presentador e fíxolles unha serie de preguntas. Durante o desenvolvemento de dita actividade, o presentador improvisou as preguntas. Estaba nervioso e non lembrabra o guión; pero soubo sair do paso como puido. Noraboa aos catro!















martes, 20 de diciembre de 2016

Lector do mes de novembro.



Miguel,  da clase de 1º B, é o lector do mes de novembro

Parabéns!


Piticán:- Como te sentiches ao saber que eras o lector do mes? 
Miguel:- Xenial.

Piticán:- Sabes cantos libros liches?
Miguel:- Pois non o sei, pero creo que uns 20...

Piticán:- A túa familia le tanto coma ti?
Miguel:- Sí, sobre todo a miña irmá Andrea.

Piticán:- Visitas a miúdo a biblioteca?
Miguel:- Sí, vou moitas veces.

Piticán:- Que cousas fas cando vés á biblioteca?
Miguel:- Collo películas e libros.

Piticán:- Cal foi o último libro que liches?
Miguel:-  Un de dálmatas, pero non lembro o título.

Piticán:- E dos que liches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Miguel:- Un de dinosauros.

Piticán:- En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Miguel:- Miro as páxinas que ten.

Piticán:- Hai algún libro/documento que che gustase que tivésemos na biblio e que non haxa?
Miguel:-  Contos de policías.

Piticán:- En que momento do día les?
Miguel:- Pola tarde, polo día, despois de comer... (parece ser que a Miguel gústalle moito ler, pois le a todas horas).

Piticán:- Cres que é importante ler?
Miguel:- Sí porque aprendes cousas novas.

Piticán:- Que lle dirías aos que pasan de ler?
Miguel:- Que se animen a ir a biblioteca, se vas aprendes moitas cousas. 

Piticán:- Ocorréseche algunha idea para facer que veñan máis a biblio?
Miguel:-  Sí, que haxa máis  xogos.Así, seguro que veñen máis.

Piticán:- Coñeces o blog da biblio?
Miguel :- Non.

Piticán: Non? pois  vamos anotar a dirección nun papeliño.