Preséntovos a Manuela e Lía Vilas de 2º A. Deixáronnos abraiadas esta mañá danzando "Song of the bells" de Leroy Anderson.
RECOLLE O DÍA A DÍA DAS ACTIVIDADES QUE SE ORGANIZAN NA BIBLIOTECA DO C.P.I. JULIA BECERRA MALVAR.
martes, 18 de junio de 2019
domingo, 2 de junio de 2019
martes, 21 de mayo de 2019
UN MARTES DE ARTE CON MAXIA NA BIBLIO DE PITICÁN
O protagonista deste martes foi Sergio Bascoy que deixou abraiado aos seus compañeiros e compañeiras cun espectáculo de maxia.
jueves, 16 de mayo de 2019
Martes de Arte no Julia Becerra Malvar
¡Estamos buscándote! Si...¡ a ti que nos estás lendo dende o outro lado da pantalla!
Estamos seguros de que neste cole hai moito talento oculto. Por iso non dubidedes en falar co equipo da biblioteca escolar ou o voso titor/a para organizar un "martes de arte". Na nosa biblioteca, todo ten cabida: dramatización, canto, actuación de bandas ou individuais, pintura, monólogos, maxia...
Cavila sobre o que máis che gusta facer, queremos coñecerte!
E velaquí o noso primeiro artista deste ano. Moitos o coñeceredes; pero para aqueles que non... Preséntovos a Mateo de 5ºB que presentouse como solista este martes na biblioteca.
Para todos aqueles que non tivestedes a oportunidade de velo ese día, deixámosvos unha pequena grabación da canción que tocou: "Habana"
Para todos aqueles que non tivestedes a oportunidade de velo ese día, deixámosvos unha pequena grabación da canción que tocou: "Habana"
domingo, 10 de marzo de 2019
TRUFAS DE CHOCOLATE!
Álvaro Núñez de 1º B sorprendeunos o outro día cunhas ricas trufas de chocolate. Vemos que os nosos cativ@s están sacándolle moito proveito aos materias que van nas mochilas viaxeiras!
Cal será a seguinte sorpresa?
sábado, 9 de marzo de 2019
GAÑADOR@S DO CONCURSO DE SAN VALENTÍN
No mes de febreiro Piticán propúxonos un concurso de cartas e poemas de amor. Foron moitos os participantes e a dicir verdade, non foi doada a selección; pero velaquí tedes os escritor@s que máis namoraron ao noso Piticán.
GABRIEL de Infantil
RUBÉN de 1º Primaria
MANUELA de 2º de Primaria
SOFÍA de 3º de Primaria
ADRIANA de 4º de Primaria
CANDELA de 5º de Primaria
MARIÑA de 6º de Primaria
LAURA de 6º de Primaria
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
























