Que é poesía? Coñecedes algún poeta ou poetisa
famoso? No noso colexio ben coñecemos a un: o profesor Herminio! Agora xa xubilado; pero non dubidou en ningún
momento en vir ao centro para seguir transmitindo a beleza de escribir en
verso. Gracias Herminio por seguir cultivando o gusto polo xénero lírico no
noso colexio!
O primeiro obradoiro realizárono os nenos e
nenas de 3º B e esta foi a poesía que entre todos configuraron para o día da
familia:
Adico
esta poesía
a miña
familia
para celebrar
o seu
día
E recordar
o cariño
que me
transmitía.
Quérovos
moito
sen vós
nada sería.
Xunto coa
saúde
formades
o eixo
da miña
vida.
Non
quero que
ese camiño
sexa flor
dun solo
día
e loitarei
para velo
todos os
días.
Desexo
que,
así sexa
e poñerei
o
meu gran
de area
no respecto
e
no cariño
facendo
que o seu
uso se
vexan
no meu
día a día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario