sábado, 10 de marzo de 2018

OS SUPERLECTORES DO MES DE FEBREIRO!






ADRIÁN – 4 ANOS

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na casa.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os de animais.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de animais.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
De calquera no que haxa animais. De maior gustaríame ser veterinario.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Nada, xa me lembro eu da páxina.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nun de animais.
7. Gustaríache ser escritor?
Bueno, de momento non podo facer iso, non sei escribir.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che conta os contos?
Miña nai, meu pai, os padriños, os avós...
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Contento


TOMÁS – 1º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña casa, debaixo da viña.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O da cebra Camilia.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de terror.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
A Cebra Camila para facer rir a miña irmá.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Un marca páxinas ou cunha cousa de xoguete que me deu o meu pai.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nun do corpo humano.
7. Gustaríache ser escritor?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Algunha vez si.
9. Quen che contaba os contos cando non sabías ler?
Miña nai, meu pai, os meus avós.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Non mo esperaba, pero estou moi contento.

CRISTIAN – 4º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
No campo, preto dun río.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os de “ Los futbolísimos”
3. Que tipo de contos che gustan?
De aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame formar parte do equipo do libro dos futbolísimos
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
As veces un marca páxinas e outras veces dobro un pouco a esquina da folla.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nos futbolísimos.
7. Gustaríache ser escritor?
Non, non me gustaría ser escritor pero gustaríame ser ilustrador. Gústame moito os cómic.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che conta os contos?
Miña nai, miña irmá..
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Tampouco mo esperaba, pero emocioneime.

MARIANA – 5º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
O campo.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O libro invisible.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser membro do equipo Tea Stilton
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Tea Stilton.
7. Gustaríache ser escritor?
Podería ser. Este ano ganei o premio dos relatos no Samaín.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Si.
9. Quen che conta os contos?
Meus pais.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Na parte de atrás, leo o resumo.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Ben.

sábado, 3 de marzo de 2018

MULLERES GALEGAS DE CONTO





 



Os Alumnos e alumnas da ESO realizaron unha tarefa de investigación sobre mulleres galegas de contos.  Convidámosvos a que reparedes na exposición que fixeron das mulleres  máis achegadas a nosa contorna.