martes, 8 de mayo de 2018

OBRADOIROS DE POESÍA NO CPI JULIA BECERRA MALVAR



Que é poesía? Coñecedes algún poeta ou poetisa famoso? No noso colexio ben coñecemos a un: o profesor Herminio!  Agora xa xubilado; pero non dubidou en ningún momento en vir ao centro para seguir transmitindo a beleza de escribir en verso. Gracias Herminio por seguir cultivando o gusto polo xénero lírico no noso colexio!

O primeiro obradoiro realizárono os nenos e nenas de 3º B e esta foi a poesía que entre todos configuraron para o día da familia:

Adico esta poesía
a miña familia
para celebrar
o seu día
E recordar o cariño
que me transmitía.
Quérovos moito
sen vós nada sería.
Xunto coa saúde
formades o eixo
da miña vida.
Non quero que
ese camiño
sexa flor
dun solo día
e loitarei
para velo
todos os días.
Desexo que,
así sexa
e poñerei o
meu gran de area
no respecto e
no cariño
facendo que o seu
uso se vexan
no meu día a día.