martes, 29 de enero de 2019

UN CONTACONTOS DIFERENTE

Os nenos e nenas de educación infantil viviron unha nova experencia na biblioteca. Un contacontos con moito sabor!
Tras a lectura dun clásico da literatura infantil como o é o conto de ELMER, debuxaron con pintura comestible ao seu colorido Elmer e a parte máis divertida para todos eles, acabarono papando!

Encantounos a experiencia e todo o que nos transmite o libro. Cando repetimos?

E para que vexades...Aquí unhas fotiños nas que podedes ver o moito que desfrutaron.