miércoles, 25 de abril de 2018

CONTACONTOS CON CHEMA HERAS

O martes 24  Chema Heras voltou polo noso centro para realizar un contacontos. Desta vez foi dirixido aos rapaces e rapazas de 4º de primaria.

Nacer de alandraka, A árbore xenerosa e Un bicho extraño foron as obras coas que desfrutaron desta sesión o noso alumnado.






23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.



Con motivo do día do libro, os rapaces e rapazas da ESO tiveron a oportunidade de participar nun certame fotográfico organizado polo profesorado pertencente ao departamento de linguas.
Os discentes debían presentar unha fotografía inédita na que apareceran lendo un libro nun lugar de interese.

E velaquí o resultado deste I Certame, no cal, como podedes ver, houbo  unha gran participación.




 

lunes, 23 de abril de 2018

OS SUPERLECTORES DO MES DE MARZO!




BRAIS– AULA DE 4 ANOS

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
No sofá.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Spiderman.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de amor.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
No da Patrulla Canina.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Poño un folio para non esquecerme da páxina.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Spiderman porque me gustan os súper heroes.
7. Gustaríache ser escritor?
Non porque quero traballar con tractores.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che conta os contos?
Miña nai e meu pai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Nos debuxos.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Ben

BLANCA-1º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na habitación porque alí teño un escritorio.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Margarita mete patas.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de animais.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
No de Pato Donald.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Blancanieves porque ela  é unha princesa.
7. Gustaríache ser escritor?
Non porque eu quero ser perruqueira.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Si.
9. Quen che conta os contos?
Miña nai e meu pai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Nos debuxos, son tan bonitos....
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Ben

ROCÍO -4º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na habitación.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O diario de Nikki.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Tea Stilton.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Blancanieves tamén, porque é unha princesa.
7. Gustaríache ser escritor?
Non porque quero ser profesora.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Sí.
9. Quen che conta os contos?
Meus pais.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Nos debuxos.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Con moita ilusión.

ALEJANDRA -5º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na habitación.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O can.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de acción.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
O can.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No Diario de Nikki porque viaxa moito.
7. Gustaríache ser escritor?
Non porque non me gusta nada escribir...
8. Algunha vez escribiches un conto?
Si.
9. Quen che conta os contos?
Non me lembro...só recordo que eu miraba as imaxes dos debuxos.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Leo o resumo para saber de que vai e así saber se me pode gustar.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Alegre.