jueves, 23 de abril de 2020

XOVES 23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO




É un momento no que todas as escolas do mundo están pechadas e debemos permanecer nas nosas casas. De seguro que todos facedes un montón de actividades diarias na casa  para combater o illamento do mellor xeito posible; pero non vos esquezades da lectura! Pois  como dixo Miguel de Cervantes de Saavedra 
“ Un niño que lee será un adulto que piensa”.

E para conmemorar o día do libro deste ano, dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos, os mestres e mestras do CPI Julia Becerra Malvar queren compartir convosco algunha das súas lecturas favoritas.
Desexando que vos gusten, enviámosvos unha aperta moi grande.



A profe Belén - Fiz o coleccionista de medos






A profe Laura - cun poema-canción  Paxariña de papel


A profe Iria - cun poema de Manuel María: O arco da vella


A profe Nair - Cun fragmento do seu conto favorito: El principito



A profe Rebeca -  La búha y el búho




A profe Bárbara- Cun pequeno fragmento de Mortiña, un curmán repugnante



A profe Raquel- Avós