viernes, 8 de junio de 2018

OS "SUPERLECTORES" DO MES DE MAIO



CARMEN SERANTES-4º EDUCACIÓN INFANTIL

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña habitación.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os de Rayo McQueen.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de medo.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Cincenta.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir"?
No de Cocorico.
7. Gustaríache ser escritora?
No...pero ilustradora sí.
8. Como te sentiches ao saber que foras unha das superlectoras do mes de maio?
Xenial!

FABIO -1º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na miña casa, no salón.
2. Cales son os teus contos favoritos?
" Secretos de la jungla".
3. Que tipo de contos che gustan?
Tipo cómic.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Mariluz avestruz.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir"?
Nos de Playmobil.
7. Gustaríache ser escritor?
Sí.
8. Como te sentiches ao saber que foras un dos superlectores do mes de maio?
Moi ben.


ATENEA -4º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
No meu cuarto.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Gerónimo Stilton.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Trampita en Gerónimo Stilton.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nos de Gerónimo.
7. Gustaríache ser escritora?
Non, gustaríame ser ilustradora.
8. Como te sentiches ao saber que foras unha das superlectoras do mes de maio?
Xenial!


MARIÑA -6º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na biblioteca.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Diario de Nikki una cuidadora de perros.
3. Que tipo de contos che gustan?
Aventuras e diarios.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Nikki.
5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marcapáxinas, aínda que as veces tamén fago uso da memoria e non poño nada.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Peter Pan.
7. Gustaríache ser escritora?
A mín gustaríame selo, pero prefiro ser outra cousa.
8. Como te sentiches ao saber que foras unha dos superlectores do mes de maio?
Feliz de pensar que lin bastante!




jueves, 7 de junio de 2018

25 de maio: OBRADOIROS DE POESÍA


E xa pouco falta para rematar esta estación do ano, polo que os nenos de 3º de primaria non dubidaron en mostrar o que para eles é a primavera no obradoiro de poesía dirixido e impartido por Herminio. 

Velaquí a súa fermosa composición!









23 DE MAIO: OBRADOIROS DE POESÍA

Velaquí os nenos de 4º de primaria ,A e B, amósannos a súa creación durante o obradoiro de poesía  da man de Herminio.










22 DE MAIO: OBRADOIROS DE POESÍA

Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 1º ESO  os que tiveron o pracer de seguir afondando neste xénero literario da man do noso gran querido mestre Herminio.