martes, 21 de mayo de 2019

UN MARTES DE ARTE CON MAXIA NA BIBLIO DE PITICÁN

O protagonista deste martes foi Sergio Bascoy que deixou abraiado aos seus compañeiros e compañeiras cun espectáculo de maxia. 








jueves, 16 de mayo de 2019

Martes de Arte no Julia Becerra Malvar

¡Estamos buscándote! Si...¡ a ti que nos estás lendo dende o outro lado da pantalla!

Estamos  seguros de que neste cole hai moito talento oculto. Por iso non dubidedes en falar co equipo da biblioteca escolar  ou o voso titor/a para organizar un "martes de arte". Na nosa biblioteca, todo ten cabida: dramatización, canto, actuación de bandas ou individuais, pintura, monólogos, maxia... 

Cavila sobre o que máis che gusta facer, queremos coñecerte! 

E velaquí o noso primeiro artista deste ano. Moitos o coñeceredes; pero para aqueles que non... Preséntovos a  Mateo  de 5ºB que presentouse como solista este martes na biblioteca.
 Para todos aqueles que non tivestedes a oportunidade de velo ese día, deixámosvos unha pequena grabación da canción que tocou: "Habana"