domingo, 26 de marzo de 2017

21 de marzo. Día mundial da poesía





No CPI Julia Becerra Malvar cremos que un día é pouco tempo para adicarlle a algo tan fermoso…máis tendo un poeta entre nós!!

Herminio, titor de 6º B, realizou ao longo de todo o mes, uns obradoiros de poesía no que gran parte do alumnado do Julia Becerra Malvar (dende 3º de primaria ata 2º da E.S.O.) foi partícipe. 

Moitas grazas polo teu tempo e esforzo Herminio!

Para aqueles que non coñecen ao mestre Herminio, achegámosvos a entrevista que lle fixeron os seus alumnos de 6º B:



1.     Qué é para ti a poesía? A poesía é o arte que me permite deixar ceibes os meus sentimentos, é dicir voar ao amor.

2.     Gústache a poesía dende sempre, dende que eras cativo? Si, non só me gusta senón que xogo a ser poeta dende que tiña 10 anos (animado por unha profesora da que gardo un grandísimo recordo)


3.     Por que che gusta a poesía? Gústame a poesía porque me permite expresar o que sinto dunha maneira onírica.

4.     Cando comezache a escribir poesía? Cando estudaba 4º de bacharelato.


5.     En que te inspiras para facer as poesías? En momentos ou estados de ánimos moi distintos, case sempre de noite.

6.     En que momento te diche conta de que es capaz de crear poesías? Sigo considerándome unha persoa que xoga a ser aprendiz de poeta e non me considero como tal.

7.     Poderías recitarnos un anaco dalgunha poesía que crearas?

                                  Aquelas tristes farolas,
                                  daquel escuro lugar
                                  naquela tarde infernal
                                  dun domingo invernal.
                                  Foron os mudos testigos
                                  do comezo dun novo amor.

8.Tes pensado publicar un libro coas túas poesías?
Non as miñas poesías son para consumo propio e das amizades (interesadas por elas).

     9.Como é un bo poema? Un bo poema e aquel que ten garra e sentimento e co que un se identifica ao momento.

    10. Cres que aumentarás a túa produción despois de xubilarte? Sen dúbida; gran parte do tempo dese novo período de ocio estará adicado a escribir poesía.
 

lunes, 20 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE POESÍA.

 A continuación mostrámosvos algunhas das fotos tomadas durante o desenvolvemento do obradoiro. Nesta ocasión foi dirixido ao alumnado de 4º B.







jueves, 16 de marzo de 2017

Reto Lector.

A editorial Galaxia lanza o primeiro recto lector!




Dirixido: rapaces e rapazas de 12 a 16 anos.

Prazo: ata o día 31 de maio.

Como participar:  teredes que enviar ao mail galaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se dea conta da lectura de dous libros da Editorial Galaxia.

Contido dos vídeos: en dous minutos debedes comentar o contido da obra, os aspectos que máis vos gustaron e as razóns polas que recomendaríades a súa lectura.

Valoración:  Un xurado será o que valore todos as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.

Premio:  un Ipad de última xeración e ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados

 Para máis información:  http://editorialgalaxia.gal/un-reto-lector-fomentar-lectura-adolescentes/

martes, 14 de marzo de 2017

OBRADOIROS DE POESÍA.


Seguimos cos obradoiros de poesía. Nesta ocasión foron os discentes de 4º A. 
 A continuación mostrámosvos algunhas das fotos tomadas durante o desenvolvemento do obradoiro.










miércoles, 8 de marzo de 2017

OS SUPERLECTORES DO MES DE XANEIRO

O equipo de dinamización da biblioteca ten o gran pracer de presentarvos aos catros grandes superlectores do mes de xaneiro:

 - Sara Juncal (6º de educación infantil A)
 -  Álvaro (1º B)
 -  Alicia (3º B)
 -  Gonzalo (6º B)
 
 

martes, 7 de marzo de 2017

OBRADOIROS DE POESÍA

O pasado martes comezaron os obradoiros de poesía  dirixidos polo mestre Herminio.   
Herminio comeza o obradoiro   cun pequeno debate no que cada un fai as súas achegas acerca do que entenden por  poesía e, posteriormente, achéganse  a grandes escritores e escritoras  galegos.  Este ano Herminio centrouse  principalmente na poesía de  Rosalia de Castro (con motivo do 180 aniversario do seu nacemento)  na poesía de   Carlos Casares (que será homenaxeado este ano no día das letras galegas).

Despois destes obradoiros, o alumnado  compoñerá a súa propia poesía, poñendo en práctica todo o aprendido no obradoiro.

  O obxectivo é achegar ao noso alumnado á poesía , que sexan capaces de comprendela  e ver a beleza que hai neste tipo de textos.





E que é para ti  a poesía?   Unha maneira de comunicar o que sentes, unha maneira de aproximarte ao que queres …?


viernes, 3 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO "O MUNDO QUE QUEREMOS"

 Dende o 10 de marzo ata o 2 de abril  poderedes visitar e asistir as diversas actividades programadas  do Salón do Libro no Pazo da Cultura de Pontevedra.




 Velaquí o programa: