domingo, 26 de marzo de 2017

21 de marzo. Día mundial da poesía





No CPI Julia Becerra Malvar cremos que un día é pouco tempo para adicarlle a algo tan fermoso…máis tendo un poeta entre nós!!

Herminio, titor de 6º B, realizou ao longo de todo o mes, uns obradoiros de poesía no que gran parte do alumnado do Julia Becerra Malvar (dende 3º de primaria ata 2º da E.S.O.) foi partícipe. 

Moitas grazas polo teu tempo e esforzo Herminio!

Para aqueles que non coñecen ao mestre Herminio, achegámosvos a entrevista que lle fixeron os seus alumnos de 6º B:



1.     Qué é para ti a poesía? A poesía é o arte que me permite deixar ceibes os meus sentimentos, é dicir voar ao amor.

2.     Gústache a poesía dende sempre, dende que eras cativo? Si, non só me gusta senón que xogo a ser poeta dende que tiña 10 anos (animado por unha profesora da que gardo un grandísimo recordo)


3.     Por que che gusta a poesía? Gústame a poesía porque me permite expresar o que sinto dunha maneira onírica.

4.     Cando comezache a escribir poesía? Cando estudaba 4º de bacharelato.


5.     En que te inspiras para facer as poesías? En momentos ou estados de ánimos moi distintos, case sempre de noite.

6.     En que momento te diche conta de que es capaz de crear poesías? Sigo considerándome unha persoa que xoga a ser aprendiz de poeta e non me considero como tal.

7.     Poderías recitarnos un anaco dalgunha poesía que crearas?

                                  Aquelas tristes farolas,
                                  daquel escuro lugar
                                  naquela tarde infernal
                                  dun domingo invernal.
                                  Foron os mudos testigos
                                  do comezo dun novo amor.

8.Tes pensado publicar un libro coas túas poesías?
Non as miñas poesías son para consumo propio e das amizades (interesadas por elas).

     9.Como é un bo poema? Un bo poema e aquel que ten garra e sentimento e co que un se identifica ao momento.

    10. Cres que aumentarás a túa produción despois de xubilarte? Sen dúbida; gran parte do tempo dese novo período de ocio estará adicado a escribir poesía.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario