martes, 7 de marzo de 2017

OBRADOIROS DE POESÍA

O pasado martes comezaron os obradoiros de poesía  dirixidos polo mestre Herminio.   
Herminio comeza o obradoiro   cun pequeno debate no que cada un fai as súas achegas acerca do que entenden por  poesía e, posteriormente, achéganse  a grandes escritores e escritoras  galegos.  Este ano Herminio centrouse  principalmente na poesía de  Rosalia de Castro (con motivo do 180 aniversario do seu nacemento)  e  na poesía de   Carlos Casares (que será homenaxeado este ano no día das letras galegas).

Despois destes obradoiros, o alumnado  compoñerá a súa propia poesía, poñendo en práctica todo o aprendido no obradoiro.

  O obxectivo é achegar ao noso alumnado á poesía , que sexan capaces de comprendela  e ver a beleza que hai neste tipo de textos.





E que é para ti  a poesía?   Unha maneira de comunicar o que sentes, unha maneira de aproximarte ao que queres …?


No hay comentarios:

Publicar un comentario