miércoles, 6 de abril de 2016

Lectora do mes de marzo.


Uxía Otero González, da aula de 6ºA, é a lectora do mes de marzo.

Parabéns!!!!



Piticán: - Como te sentiches ao saber que es a lectora do mes?
Uxía: - Púxenme contenta e impresioneime. Nunca antes me pasara e fíxome ilusión.

Piticán: - Sabes que leches 7 libros neste mes?
Uxía: - Non, non o sabía. Estou sorprendida porque pensei que eran menos.

Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Uxía: - Non moito. Meu avó le cada día. Ás veces, le banda deseñada (cómic) e outras novelas do oeste. Miña nai ten unha estantería chea de libros, pero non os le. Deses libros lin un de María de Villota, pero non me gustou moito: deume algo de medo.

Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Uxía: - Bueno, máis ou menos. Cando fai sol, prefiro ir ao recreo que á biblioteca. Cando chove e fai mal tempo, veño máis á biblioteca.

Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Uxía: - Xogo cos xogos de mesa; debuxo; axudo cos libros e cos préstamos...gústame moito facer os préstamos.

Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Uxía: - Un de cociña, que é da biblioteca, pero non recordo o título.

Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Uxía: - O de 100 brujerías para hacer una fiesta, porque había unha festa de pixamas e a min gústanme esas festas.

Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Uxía: - En que traten de cousas que me gusta facer como cociñar, facer manualidades...

Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Uxia: - Non se me ocorre ningún.

Piticán: - En que momento do día les?
Uxía: - Pola noite, antes de dormir.

Piticán: - Cres que é importante ler?
Uxía: - Si porque lendo melloras a lectura e non te trabas tanto.

Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Uxía: - Diríalles que empezasen a ler para non trabarse tanto.

Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Uxía: - Diríalles que a biblioteca é moi tranquila, con persoas moi amables e, ademais, pásase ben nela.

Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Uxía: - Coñézoo e paréceme moi chulo.

Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Uxía.



Tamén foron grandes lectoras neste mes:

Atenea Vieites
Alba Villar
Adriana García
Elena Montaos
Alicia García
 Daniela Nina
Sabela González
Xeila Marin.

Un moi bo traballo de todas estas alumnas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario