viernes, 3 de junio de 2016

LECTOR DO MES DE MAIO.



Miguel, da clase de 5 anos A, é o lector do mes de maio.

Moitos parabéns, Miguel!!!





Piticán: - Como te sentiches ao saber que es o lector do mes?
Miguel: - Sentinme orgulloso porque gústame moito ler. 

Piticán: - Sabes que leches 5 libros neste mes?
Miguel: - Ah, non o sabía! Pois, estou contento.

Piticán: - A túa familia le tanto coma ti?
Miguel: - Non.Lenme contos para durmir, pero, como quedo pronto durmido, non me entero de como acaban, aínda que xa os sei de memoria.

Piticán: - Visitas a miúdo a biblioteca?
Miguel: - Si. Veño coa profe e os nenos da miña clase.

Piticán: - Que cousas fas cando vés á Biblioteca?
Miguel: - Collo un conto para levar na mochila.

Pitican: - Cal foi o último libro que leches?
Miguel: - Non me acordo.

Piticán: - E dos que leches durante este mes, cal foi o que máis che gustou?
Miguel: - O de tirar da cadea do baño porque sae unha pranta carnívora.

Piticán: - En que te fixas ao elixir os libros que levas emprestados?
Miguel: - Mírolle as páxinas e os debuxos. Gústame que sexan de medo.

Piticán: - Hai algún libro que che gustaría que tivesemos na biblioteca e que non haxa?
Miguel: - Non se me ocorre.

Piticán: - En que momento do día les?
Miguel: - Pola tarde, míroos con papi e mami.

Piticán: - Cres que é importante ler?
Miguel: - Si porque así aprendemos a ler, a escribir e a facer volteretas polo aire. Aprendemos máis cousas como debuxar e sobre os animais.

Piticán: - Que lle dirías aos que pasan de ler?
Miguel: - Diríalles que lean para aprender máis.

Piticán: - Ocórreseche algunha idea para facer que veñan máis á biblioteca?
Miguel: - Non se me ocorre.

Piticán: - Coñeces o blog do colexio?
Miguel: - Agora si.

Piticán: - Pois, moitas gracias por este rato e parabéns, Miguel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario