lunes, 18 de diciembre de 2017

SUPER LECTORES DO MES DE NOVEMBRO



Velaquí os lectores do mes de novembro.

INFANTIL 4 ANOS  -MARTA BARRAL PÉREZ
 


1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na biblioteca e na casa.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os Tres porquiños.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de princesas.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser unha princesa
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas que ten a miña avoa.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nun de princesas porque me gustan moito as princesas.
7. Gustaríache ser escritor?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non, pero cando sea maior quero escribir  contos.
9. Quen che conta os contos?
Miña nai e meu pai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta.

1º PRIMARIA -ANDREA CARBALLO GARCÍA






1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na biblioteca, nas mesas baixas.
2. Cales son os teus contos favoritos?
A familia dos Aristogatos, Carapuchiña Vermella e tamén os Tres porquiños.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de princesas.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser Carapuchiña Vermella.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Fíxome ben e nada máis.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Carapuchiña Vermella porque é moi divertido.
7. Gustaríache ser escritor?
Si porque me gusta moito escribir.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Si, unha vez escribín un conto coa miña nai e meu pai.
9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
Miña nai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada, se ten cousas bonitas: flores, esquíos...
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Pensei: Que sorte teño!


4º PRIMARIA -ANDREA FIGUEIRA DOPAZO


1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos? A miña habitación.


2. Cales son os teus contos favoritos? O de "Alicia en el país de las maravillas.
3. Que tipo de contos che gustan?  Os de animais.

4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser? Ariel.

 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas? Cun marcapáxinas que teño.

 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que? No de "Alicia en el país de las maravillas" porque é o meu conto favorito.

7. Gustaríache ser escritora? Non.


8. Algunha vez escribiches un conto? Non.


9. Quen che contaba contos cando eras pequeno? A miña nai.


10. En que te fixas cando escolles un conto? No título.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes? Moi contenta.


6º PRIMARIA – IRENE PESQUEIRA OUBIÑA



1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Teño moitos: a biblioteca do cole, na clase e na casa; pero prefiro a biblioteca.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os meus favoritos son os cómic de Marieta e os de Gerónimo Stilton.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de medo e aventuras son os que máis me gustan.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gerónimo Stilton.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas . A profesora danos moitas veces e na casa tamén teño.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Viviría nos de Marieta porque aparecen unha morea de cousas que podo facer.
7. Gustaríache ser escritor?
A min si porque os contos que escribes poden velos os demais e divertirse con eles.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Nunca escribín un conto, pero igual agora me animo.
9. Quen che contaba contos cando eras pequeno?
Miña nai ou meu pai.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Pensei: que sorte teño! A verdade é que estou moi contenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario