martes, 16 de enero de 2018

As mellores lectoras do mes de decembro, noraboa!






MARTINA- 5 ANOS 

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
Na sala da miña casa.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Ariel
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de medo
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser Ariel.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Frozen
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Non.
9. Quen che conta os contos?
Mamá, polas noites.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta.

ALBA SINEIRO -1º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
No xardín.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Bella e Bestia.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser a “Sirenita”
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Miro as páxinas e xa me lembro.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No conto da “Sirenita”.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
De momento non.
9. Quen che conta os contos?
Mamá e papá
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome na portada.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Abraiada

DANIELA- 4º PRIMARIA

1- Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
A biblioteca de Piticán.
2. Cales son os teus contos favoritos?
O de Tea Stilton.
3. Que tipo de contos che gustan?
Os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame vivir no de Tea Stilton
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas que me deron no colexio.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
No de Zipi y Zape, gustaríame ser a protagonista mala.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Si, escribín tres contos. Un de amor e os outros de aventuras.
9. Quen che contaba os contos cando eras pequena?
Miña nai. Contábame aventuras de medo e incluso facía os xestos e as veces dábame medo.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Fíxome se ten debuxos bonitos e se é de aventuras.

11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta.

UXÍA- 5º PRIMARIA

1      1. Cal é o  teu lugar preferido para ler contos?
No meu cuarto.
2. Cales son os teus contos favoritos?
Os de Harry Potter
3. Que tipo de contos che gustan?
Os  de acción e os de aventuras.
4. Se foras protagonista dun conto, de cal che gustaría ser?
Gustaríame ser Harry Potter.
 5. Cando non rematas de ler o conto, como sinalas a páxina na que quedas?
Cun marca páxinas, teño moitos.
 6. De todos os libros que liches, en cal che gustaría " vivir" e por que?
Nun dos contos de Harry Potter.
7. Gustaríache ser escritora?
Si.
8. Algunha vez escribiches un conto?
Estou pensando en escribir un moi longo de amor e de aventuras.
9. Quen che contaba os contos cando eras pequena?
Miña nai. O conto que máis me gustaba era o de Cincenta.
10. En que te fixas cando escolles un conto?
Leo o resumo da parte traseira do conto.
11. Como te sentiches ao saber que foras un dos súper lectores deste mes?
Moi contenta, pero gustaríame poder ser máis veces superlectora ao longo do ano porque gústame moito ler.

No hay comentarios:

Publicar un comentario