miércoles, 17 de enero de 2018

DONTEST DA PROFESORA MARÍA






1.     Lembras quen te ensinou a ler? 
Meus país e mais a miña primeira mestra Carmiña.
2.     Cal foi o primeiro libro que liches? Non me lembro. Pero si me lembro dun conto que me encantaba e o lía unha e outra vez, era sobre un canciño moi feitiño que xogaba todo o día.
3.     Cal é o teu libro favorito? Teño moitos!
4.     Cal foi o último libro que liches? Un tarro cheo de lapis (lino cos meus alumnos, fai nada)
5.     Prefires libros físicos ou o e-book? Por que? Os dous son físicos, pero os tecnolóxicos non me acabo de acostumar. Pero son unha boa opción, meu pai puido, durante moito tempo, seguir lendo gracias ao e-book cando xa case non podía ver.
6.      Cantas horas les á semana? Non sempre podo ás mesmas. Procuro ler algo todos os días.
7.     Que é un libro para ti? Unha aventura.
8.     Para rematar, un lugar e un momento para ler? Tarde-noite, no meu sofá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario